Teatro: Gigantes

Auditorio Municipal de Verín Camiño a Balneario de Sousas, Verín, Ourense

O Auditorio de Verín acolle a representación da obra “Gigantes” da compañía La pequeña Victoria Cen. O sábado, 17 de abril, ás 19 horas.

Os venres con Intelixencia Artificial

online

O segundo ciclo de relatorios Os venres con Intelixencia Artificial analiza, esta semana, o uso de datos para a predición dos indicadores COVID con 48 horas de antelación. A charla, a cargo do profesor José Luis Aznarte Mellado, da UNED, poderá seguirse na canle de vídeos do centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense. […]

Cantamos o Maio

Picouto - Ramirás

O 1 de maio no Picouto (Ramirás) celebracións dos Maios a cargo de Rebulir De 9.30 a 13.30 horas

Xornada: Coñece os eSports!

Espazo Xove Ourense

Este venres 7 de Maio, a partir das 16 horas no Espazo Xove de Ourense (Casa da Xuventude), a Asociación Galega de deportes electrónicos (GalEsports) organiza unha xornada para coñecer os videoxogos e todo o que rodea a este mundo Dende as 16 horas, organizaranse torneos de FIFA, LOL, Brawl Stars, e Mario Kart. Pero […]

Exposición: COFEPO

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense

Exposición de trens. COFEPO (Colección Fernández-Pacheco Outeiriño) é unha coleccción permanente de trens escala H0 integrada por máis de 5.000 pezas, máis de 300 libros, folletos, revistas, catálogos e vídeos sobre o tema. Foi reunida polo matrimonio Fernández Pacheco - Outeiriño, e tivo o seu comezo na apaixonada e ininterrompida afección de Manuel Fernández Pacheco polos trens desde a […]

Conferencia: “Formas graníticas na Provincia de Ourense”

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense

Día 19, mércores, ás 19:30 horas: Conferencia: “Formas graníticas na Provincia de Ourense” por o xeólogo, e profesor da Universidade de Vigo, don José Ramón Seara Valero. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Progreso 30.

Alfombras para o Camiño chega a Allariz este sábado

Allariz Allariz, Ourense

Alfombras para o Camiño chega a Allariz este sábado A iniciativa da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, chega este sábado 22 de maio a Allariz, co proxecto Alfombra para o Camiño. A vila alaricana foi a escollida como representante do “Camiño da Prata” e acollerá na xornada do sábado a confección […]

Campionato de Galicia de kungfu moderno

Pavillón municipal dos Remedios

campionato de Galicia de kungfu moderno Sábado, 12 de xuño, pavillóns Os Remedios, a partir das 10.30 horas

Teatro: “A lingua das bolboretas”

Auditorio Municipal de Verín Camiño a Balneario de Sousas, Verín, Ourense

A compañía Sarabela representa en Verín a obra “A lingua das bolboretas” O vindeiro 20 de xuño, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación teatral da obra “A lingua das bolboretas”, baseada nunha historia de Manuel Rivas e dirixida por Gonçalo Guerreiro. As entradas, que xa están á venda en www.ataquilla.com, […]