Entrevista a Carlos Montero, director do FIC Vía XIV

«Estamos nun período no que queremos manternos pero primando a calidade»

O Festival, que chega a súa sexta edición, arrinca do 4 ata o 12 de setembro.
O FIC Vía XIV, a pesar da súa curta idade -seis edicións- e de complicacións provocadas pola COVID, comeza a ser un festival moi coñecido e recoñecido fóra das nosas fronteiras. Adaptarse, en tempos de pandemia foi fundamental para consolidalo.

O festival chegou á sexta edición, podemos dicir que xa está consolidado?
Carlos Montero: «A nivel organizativo podemos dicir que xa está consolidado. O equipo está moi engrasado pero pasan cousas como a pandemia e penso que soupemos adaptarnos. Festivais máis consolidados que o noso caeron».

Cómo foi preparar un festival en plena pandemia?
C.M.: «É moi complicado. Tes moita incertidume sobre o que podes ou non facer. O DOGA cambiaba cada catro ou cinco días. Pese a todo sempre tivemos a premisa de facer algo, fose como fose; o ano pasado fixemos streaming pero este ano profesionalizamolo para que o espectador o vise online, coas mesmas butacas co auditorio e vetado xeográficamente. Tamén estás obrigado polas subvencións que solicitamos para non ter que devolvelas ao ter que pagar a proveedores».

A Covid fixo que os reprantearades o festival?
C.M.: «Agora mesmo non pensamos en medrar senón en manternos. Estamos nun período no que queremos manternos pero primando a calidade. Neste festival hai menos curtas pero con moita calidade, non é momento de cantidade. Por outra banda, tamén recibimos menos curtas porque hai menos producción. Este ano chegaronnos 500 fronte aos 1000 do ano pasado. Destas, seleccionamos o que nos gusta 100% e cremos que vai funcionar en Verín. Seleccionamos calidade adaptándoa ao gusto do público».

Xa se recoñece o festival de curtas de Verín cando solicitades curtas?
C.M.: «Fixemos un traballo considerable de comunicación para levar o nome de Verín cara o exterior e penso que o festival tras seis edicións é coñecido e valorado. A proba está que tres institucións diferentes apoian este festival».

Cómo valoras o cambio de datas, de decembro a setembro?
C.M.: «Hai que velo nun contexto de pandemia pola reducción de aforos. Aínda así penso que foi positivo porque o ano pasado tivemos moita xente cos food truck, os concertos. O bar onde podes relacionarte co mundo do cine, cos directores, tendo en conta que ao pouco de celebralo pecharon todo».

Cales van ser os aforos desta edición?
C.M.: «Pode ser que ampliemos os aforos antes de que comece o festival. Agora mesmo temos 90-94 butacas no auditorio. Analizaremolo con Protección Civil antes de que comece. O concerto que imos ter será dunhas 200 persoas sentadas e no bar, pois unhas 15 ou 20 mesas. Queremos deixar espazo tanto no auditorio coma nos exteriores».

SOURCE: Festival Internacional Curtas de Verín