Ata sete candidaturas concorrerán o 28 de maio para facerse co Goberno municipal.

Entrevistas ao candidatos á alcaldía de Barbadás

Entrevista a Consuelo Vispo. PP
Entrevista a Xosé Carlos Valcárcel. PSOE
Entrevista a Serafín Núñéz. BNG
Entrevista a Fina Varelas. DO
Entrevista a Ramón Padrón. CxG
Entrevista a María José Fernández. Cs
Entrevista a Ana María Rodríguez. ESCO

PSOE e BNG gobernan en coalición desde 2015 no Concello de Barbadás. O Partido Socialista, con cinco edís, e o Bloque Nacionalista, con tres, fixeron alcalde ao socialista Xosé Carlos Valcárcel, con Xosé Manuel Fírvida como Tenente de alcalde. Na corporación municipal a lista máis votada fora a do Partido Popula (con Consuelo Vispo ao fronte) logrando seis edís. Democracia Ourensana (dous edís) e Compromiso por Galicia (con un) forman parte da corporación.

Hai catro anos, os populares lograron 1.826 dos 5.487 contabilizados. Os socialistas lograron 1.448; o Bloque, 862; Democracia Ourensana, 630; e Compromiso por Galicia, 504.
Este ano, ademais destas cinco formación preséntanse outras dúas: Ciudadanos e Espazo Común.

Tralo 26M saberase se o bipartido PSOE-BNG continuarán gobernando o Concello de Barbadás ou se haberá outros pactos, ou se ben unha formación logra a maioría absoluta.