A Xunta concede máis de 666.000 euros a 41 concellos ourensáns para promover a igualdade

Susana López Abella e Marisol Díaz Mouteira presentaron en rolda de prensa estas axudas e destacaron o incremento da cooperación entre municipios e a aposta pola prestación conxunta de servizos o que redunda nunha maior eficiencia e eficacia.










