Provincia

Verín premiará o mellor stand da Feira do Lázaro

O Concello de Verín convoca o premio ao mellor stand participante na Feira do Lázaro e Certame Gastronómico “Vila de Verín”, que terá lugar durante os días 20, 21 e 22 de marzo no Pavillón Municipal de Deportes da localidade.

I Aerobithon ‘Piscina Climatizada de Verín’

O sábado 7 de marzo o Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá este evento deportivo, que permitirá amosar aos participantes no mesmo as diferentes disciplinas aeróbicas dirixidas que se ofertan na instalación da capital de Monterrei.

O Concello de Verín remodela as pistas de pádel do complexo da Granxa

Tiveron que ser remodeladas segundo a normativa da Federación Española de Pádel co obxecto de cumprir coas medidas regulamentarias e os requisitos esixidos durante o seu proceso de construción.